...Como comezar sen caer en vanales saludos?Que dicir dun sentimento?como expresar todo isto que levo dentro en palabras e que ti as comprendas?triste voar de termos que non explican nada,que non din nada,vacios e triviales.
Eu quero expresar,gritar ata quedar sen alento. Quero que os ceos sepan que o que sinto é verdadeiro.Escoitade terra mar e vento,escoitade as miñas verbas que son parte dun sentimento.Grande,fermoso e feiticeiro.
As comparacions non teñen cabida neste texto,os similes tampouco son o que quero,solo expresar o que sinto,solo eso.
Faltanme palabras para describir o teu pelo,non se inventaron ainda as que falen dos teus beizos.O teu corpo,pecado feiticeiro.Cando ti andas,levate o vento,cando ti sorris parase o tempo,cando me miras,cando me miras eu morro por dentro.Morro por que sei que non podo enxaularte no meu peito.
Cando te vexo durmir,tan queda,tan silenciosa,teño medo que veña ela e queira levarte lexos de min,por eso me achego e apretome contra ti,para se o menos te quere levar,que me leve a min tamen,que non me deixe atras...
Que faria eu? que son eu sen ti,que un amargado lixo enxaulado,no meu mundo frio e baleiro atrapado,perdido,sen calma,sen nada...Pero ti,chegaches a min,como o vento fresco do mar pola mañan,despertando todo o que estivera durmido,rexuvenecendo este frio corpo tan vello.
Unha caricia,un abrazo,amistade,cariño,amor,tenrura,calor,foron os elementos deste trato.Firmamos con un bico e un abrazo.
E agora que aqui estamos,pasado o tempo floreceu o noso pacto,xa non somos dous,ahora somos 3 os que camiñamos.Ahora que a felicidade coñezo,ahora que vivin para amarvos non quero morrer sen dicirche,que sempre che quisen e que ainda te amo.
0 Comments