EXPOSICION KDD´S VIGO Casa da Xuventude de Vigo 18/10/2010
O grupo Kdd's Vigo é un grupo sen ánimo de lucro co único obxectivo de unir a fotográfos de Vigo e arredores para compartir a afección pola fotografía. Entre as actividades do grupo destacan as "Kedadas" ou saídas fotográficas, nas cales abarcamos distintos campos, desde a fotografía de natureza, paisaxes e urbanas ata a fotografía deportiva, social, festas autóctonas, etc.
Con motivo de noso 1ª aniversario organizamos ésta exposición (de tan só uns poucos integrantes do grupo) que é unha pequena mostra do que facemos e que nos gustaría compartir.
0 Comments