Un nuevo concurso,el plazo de presentación se acaba el próximo día 12 de Noviembre.Aun queda tiempo para participar!!
Bases:
1.- Participantes:
Poderán participar no concurso todas as persoas residentes na Comunidade Autónoma Galega con idade de 11 anos ou máis a día 15 d
setembro de 2010.
2.- Tema e características técnicas:
- As fotografías deberán versar sobre calquera aspecto do medio ambiente en Galicia (participación social, educación, riqueza natural
paisaxística, contaminación, etc.).
- Os participantes serán responsables da orixe da obra presentada.
- As fotografías deberanse presentar reveladas, en dimensións de 20x30 cm ou 15x20 cm.
- Cada participante poderá presentar unha única fotografía.
- O participantes evitarán en todo momento accións irregulares que vaian contra o espíritu conservacionista na obtención das súas fotografías.
3.- Presentación:
a) Cada fotografía enviarase ou presentarase nun sobre pechado consignando nel: II Concurso Fotográfico “Enfoque Medioambiental”, e conterá:
A fotografía cun lema escrito por detrás. Un CD contendo a imaxe dixital ou dixitalizada. Unha cuartilla na que figure o lema da fotografía e a indicación do lugar e provincia onde foi tomada. Un sobre pechado co formulario de participación cuberto, co lema da fotografía e a categoría na que participa escritos no exterior.
b) As imaxes acompañadas da documentación anterior, presentaranse ata o 12 de novembro de 2010 na sede da Federación Galega d
Municipios e Provincias, sita na rúa Varsovia, 4C, 6ª planta. Área Central. 15707 Santiago de Compostela.
Todos os traballos recibidos en data posterior quedarán fóra de concurso.
4.- Xurado:
a) O xurado estará composto pola Presidenta da Rede Galega de Concellos pola Sostibilidade, o Presidente da FEGAMP, un técnico d
FEGAMP, un técnico da Consellería de Medio Ambiente, o responsable de comunicación da FEGAMP e o secretariado da Rede.
b) O fallo do xurado será inapelable, quedando facultado par rexeitar fotografías ou declarar desertas as categorías que considere oportuna
cando estime que non se axustan ás condicións establecidas.
c) Non poderá recaer máis dun premio na mesma persoa.
d) O veredicto do xurado farase público nos 30 días posteriores ao remate do prazo de admisión dos traballos. O fallo darase a coñece
directamente aos premiados, remitirase aos medios de comunicación e será publicado na páxina web da Rede.
5.- Categorías:
Establécense as seguintes categorías de participación segundo a idade dos participantes a día 15 de setembro de 2009:
CATEGORÍA A: De 11 a 15 anos.
CATEGORÍA B: De 16 a 18 anos
CATEGORÍA C: De 18 anos en diante
6.- Premios:
Establécense os seguintes premios únicos por categoría:
Categoría A: Escultura alegórica e un cheque de 300 euros.
Categoría B: Escultura alegórica e un cheque de 300 euros.
Categoría C: Escultura alegórica un cheque de 500 euros.
7.- Normas finais:
a) As fotografías presentadas ao concurso serán propiedade de FEGAMP, cedendo os autores os dereitos de uso e explotación.
b) En caso de publicarse unha compilación das mesmas, os autores serán citados.
c) Os participantes aceptan as presentes bases polo mero feito de presentarse ao concurso.
Aquí están as bases
0 Comments